Bienvenidos a Abellons!

     Menú
· Inicio
· Buscar
· Descargas
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Foros
· Galería Fotográfica
· Galeria de Videos
· Mensajes Privados
· Registrados
· Su Cuenta
· Temas

     Patrocinadores


coreti

coreti

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

Hosting Nuke

Hosting Nuke

Hosting Nuke

coreti

     Online
Actualmente hay 8 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Noticias Anteriores
Lunes, 11 enero
· VOLTA A LIGA PARA OS ABELLÓNS
· CR CORETI LALIN 6 - 15 CRAT (XUVENÍS)
Jueves, 10 diciembre
· CEA DE FAMILIA CR CORETI LALIN
Viernes, 04 diciembre
· VIGO RC 12 - 5 CR CORETI LALÍN (XUVENÍS)
· ARV OURENSE 13 - 12 CR CORETI LALÍN
Viernes, 27 noviembre
· XORNADA DO FIN DE SEMANA DO CORETI LALÍN
Jueves, 26 noviembre
· RESULTADOS E CLASIFICACIÓN GRUPO A
· UNIVERSIDADE A CORUÑA 70 - 0 CR CORETI LALÍN (FEMININO)
Miércoles, 25 noviembre
· CR CORETI LALIN 12 - 17 OS INGLESES (XUVENIL)
· CR CORETI LALIN 13 - 17 BELENOS RC

Artículos Anteriores

 C.R. CORETI LALIN 0 - 78 CRAT (FEMININO)

Nunha tarde estupenda para xogar ó rugby, as rapazas do C.R. LALIN CORETI saltaron ó campo dispostas a facerlle frente ó rival máis potente da liga este ano.

Foi un partido tranquilo e bastante dinámico, no que as abellonas lle fixeron fronte a un equipo mais veterano que conta con varias internacionais nas suas filas.

O resultado na primeira parte era moi desfavorable para o equipo abellón, ademais de rematar con duas xogadoras lesionadas, pero iso non foi motivo suficiente para desanimar ás nosas rapazas, que na segunda parte saíron con mais gañas se cabe, e defendendo os continuos ataques do equipo coruñés.

O equipo abellón desputou os últimos minutos do encontro cunha rapaza menos, xa que a ambulancia tivo que retirar a Laura A. co que ó final foi unha luxación do ombro.

Nesta ocasión non se puido acadar ningún punto para o marcador da casa, pero as abellonas marcharon cun bo sabor de boca vendo que as rapazas novas van poñendo en práctica todo o aprendido nos adestramentos e xa comezan a disfrutar deste deporte, que cando menos é bastante complicado.


Asi que ánimo abellonas e a seguir mellorando.


BY: GLADIS REY

Enviado por Roxo el Martes, 02 febrero a las 15:18:15 (8 Lecturas)
(¿Comentarios? | Puntuación 0)

 CR CORETI LALIN 36 - 0 COWPER RC

Onte sábado, desputouse no Manuel Anxo Cortizo o partido correspondente á novena xornada da liga da primeira nacional do Grupo A. Neste partido os Abellóns enfrontábanse ó Cowper RC de Oviedo, que viña de encaixar unha serie de bos resultados ante equipos da parte alta da táboa. Os Abellóns necesitaban conseguir a victoria non só para mellorar o seu posto da clasificación, senón tamén para acadar a confianza necesaria para afrontar a recta final da liga. Os nosos saíron ó campo mentalizados de que para conseguir a victoria deberíanse de empregar o cento por cento nas labores defensivas, e manterse concentrados en tódolos intres do partido. E foi así como comezou o partido, os Abellóns *****prían co guión a perfección, empregándose con dureza na defensa e facendo que os ovetenses se viran impotentes no momento de avanzar metros. Os abellóns intercalaban fases rápidas de ataque cos seus dous centros que se vían recompensadas coa consecución de metros, que os facía achegarse a liña de ensaio dos do Cowper. Os de Oviedo non conseguían sair da súa metade do terreo de xogo, e mantendo este nivel de xogo foi como chegaron os primeiros ensaios, que correrían a cargo de Monti. Os nosos foronse ó descanso cun 10-0, que logo da reanudación se vería ampliado, xa que a intensidade dos lalinenses seguía a ser moi alta, e o empuxe na melé comezaba a facer fendas na dianteira ovetense. Deste modo chegarían o resto dos ensaios, e Patxi e Folla conseguirían transformar as padadas,  para rubricar o resultado final e conseguir o punto bonus, que por o momento, deixa ós nosos nunha cuarta posición que lle da un pouco máis de aire.

Enviado por Roxo el Domingo, 31 enero a las 19:25:41 (3 Lecturas)
(¿Comentarios? | Puntuación 0)

 CR CORETI LALIN 41 -- 8 FENDETESTAS RC

Este pasado sábado os Abellóns enfrontábanse o último clasificado da táboa, O Fendetestas de As Pontes. Para os nosos, este partido era considerado como unha final, xa que de non gañar, os Abellóns complicaríanse a vida na competición. Ó comezo do partido, os de As Pontes, saíron moi metidos no encontro e cando os nosos se quixeron dar conta, xa habían encaixado un ensaio. Costoulle arrincar ós Abellóns pero, Santi Castro poñería a igualada no marcador, mentras que Patxi poñía ós nosos por diante mediante a transformación a paus. Nos intres fináis da primera parte, o Fendetestas empataría o partido mediante unha transformación tras un golpe de castigo.
A partires deste intre, o partido, só tivo unha cor, e os Abellóns comezaron a atoparse cómodos no campo. As fases en ataque comezaban a subir de intensidade, e pouco a pouco foron chegando o resto dos ensaios. O resto dos ensaios correron a cargo de Monti, Fuentes(2), Julito e Patxi. Os puntos restantes foron conseguidos por Patxi e Folla con boas patadas a paus.

Enviado por Roxo el Martes, 26 enero a las 12:48:59 (18 Lecturas)
(Leer más... | 1 Comentario | Puntuación 0)

 OS INGLESES 25 - 14 CR CORETI LALÍN

Este pasado sábado, os Abellóns desprazábanse a Vilagarcía para desputar o seu primeiro partido da segunda volta da liga. O equipo desprazábase curto de efectivos, xa que, Abreu lesionado, e Panteira e Bruno por motivos persoais, causaban baixa para este encontro. Durante o primeiro tempo, os nosos prantaronlle cara a Os Ingleses mediante boas fases defensivas, mediante as cales non deixaban avanzar metros a liña de tres cuartos rival. Pero logo de aguantar o empuxe inicial dos de Vilagarcía, os Abellóns non puideron evitar o que ía a ser o primeiro ensaio rival, que chegaría con polémica xa que os nosos pedían saque de touche, logo de que o xogador que finalmente anotou o ensaio pisara, supostamente, a liña de fora. Os nosos seguían a evitar o empuxe rival empregandose a fondo en defensa, cos dous centros Bilí e Folla, como principais escudos. Pero a mala sorte parecía cebarse cos Abellóns, que a falla de un minuto para o final do primeiro tempo, encaixaban o segundo ensaio, logo de que o balón se freara por mor dun charco, na mesma liña de ensaio. Na segunda metade os nosos pasaron por un baixón inicial que lles costou o resto dos ensaios, encaixando os mesmos en menos de dez minutos. A partires dese intre o partido trocou de cor, e os Abellóns comezaron a despertar e a facerse co balón. Logo de varias fases ofensivas de boa continuación, chegaría o primeiro ensaio por medio de Monti e continuando coa dinámica de xogo, o segundo ensaio non se faría esperar moito, e remataría subindo o marcador por medio do mesmo home. Patxi conseguiría transformar as dúas patadas e redondearía o marcador. 

Enviado por Roxo el Lunes, 18 enero a las 20:11:44 (17 Lecturas)
(¿Comentarios? | Puntuación 0)

 ZALAETA 12 - 42 CR CORETI LALÍN (FEMININO)

O pasado sábado as abellonas desprazábanse ata Acea da Ma para desputar un partido amigable co recén estreado equipo femenino do Zalaeta. As condicións meteorológicas non eran as máis favorables para o desprazamento á Coruña, pero as ganas de xogar pesaron máis que a responsabilidade de non coller coche.
Este amigable serviu para que as rapazas acadaran a súa primeira victoria nesta tempada e así coller confianza de cara ó encontro desta fin de semana en terras viguesas. No encontro as rapazas puideron poñer en práctica todo o aprendido nos adestramentos dos últimos meses da man dos seus adestradores Lois Alfaya e Murciano, que ó remate do partido se mostraban moi satisfeitos co resultado.
Desputáronse tres partes de 20 minutos. Nos primeiros intres do partido as nosas estaban un pouco máis descolocadas e o Zalaeta conseguía o primeiro ensaio do partido, a través dunha xogada individual da ex-abellona Sylvie. Pouco a pouco as lalinenses empezaron a demostrar quen mandaba no encontro, e Nuria conseguía o primeiro ensaio para o lado abellón, tras unha gran xogada de equipo. Gladis, Mariana e Rocío repartiríanse o resto dos puntos ata acadar o resultado final: Zalaeta 12 – Coreti Lalín 42.
As abellonas deben seguir traballando xa que agora comeza o duro da competición.

¡ÁNIMO ABELLONAS E A SEGUIR ASÍ!


BY: LAURA COSTA

Enviado por Roxo el Martes, 12 enero a las 18:08:31 (21 Lecturas)
(¿Comentarios? | Puntuación 0)


     El Club

· El club

1ª NACIONAL

· Plantilla
· Calendario
· Noticias

1ª TERRITORIAL

· Plantilla
· Calendario
· Noticias

FEMENINO

· Plantilla
· Noticias

CANTERA

· Plantilla
· Noticias

     Entrar
Usuario

Contraseña

¿Todavía no tienes una cuenta? Puedes crearte una. Como usuario registrado tendrás ventajas como seleccionar la apariencia de la página, configurar los comentarios y enviar los comentarios con tu nombre.

     Calendario
<<-
 2010
->>
LMMJVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
[Ver detalles]







Todos los logos y marcas registradas en este sitio son propiedad de sus respectivos propietarios. Los comentarios son propiedad de quienes lo envian, todo el resto © 2007 es mío.
Club Rugby Lalin
diseño web
PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.172 Segundos