Este pasado fin de semana celebrouse en Valladolid o campionato de España de seleccións autonómicas, no cal estivo presente a selección Galega. O CR Coreti Lalín contaba con representación amplia no convinado nacional galego xa que seis dos seus xogadores foron convocados, estes foron:Santi Castro, Abreu, Monti, Folla, Patxi e Agustín.
Os nosos xogadores completaron un moi bo papel destacando por enriba de todos a Santi Castro que xogou tódolos partidos e demostrou porque, a día de hoxe, é un dos pilieres máis valorados da liga. Tamén cabe destacar o impresionante papel do noso apertura Patxi, que deulle un novo aire á tres cuartos galega nos dous encontros que desputou. O resto dos compoñentes Abellóns debutaron coa galega con bos papeles e demostrando que o rugbi lalinense está a un moi bo nivel e contribuindo a afianzar a progresión do rugbi galego, que día a día vaise labrando un pretixio, que aumenta con cada participación nos torneos.