Este fin de semana, os Abellóns enfrontanse no que será o seu partido ligueiro, ó Campus Ourense, penúltimo clasificado da táboa que terá que gañarlle ós nosos se quere manter opcións de permanencia na primeira nacional. Os Abellóns teñen unha nova oportunidade de demostrar a progresión dos últimos partidos, e ademáis de afianzarse na cuarta praza da liga, presentar as súas credenciáis de cara á copa Xunta.
Para este partido o adestrador Santi Amorin espera contar con tódolos seus efectivos para tentar gañar o partido e adicarlle a victoria a afección, que demostra ser un Abellón máis cada fin de semana que o equipo ten partido.
O partido desputarase o sábado día 6 ás 16:30 horas da tarde, no estadio Municipal Manuel Anxo Cortizo.